jueves, 26 de marzo de 2009

Codificacións en UTF-8

Á hora de programar nas diversas linguaxes, temos a posibilidade de empregar un amplo abanico de editores. Cada unha destas utilidades trae unha codificación por defecto, xeralmente UTF-8 ou ANSI, coas posibles consecuencias que isto pode levar:
  1. Non unificar a codificación para todos os traballos no caso de non utilizar o mesmo editor.
  2. As codificacións en UTF-8, en xeral, engaden o BOM ao principio do ficheiro, que en moitos casos pode supor a aparición de caracteres raros no ficheiro.
Posibles solucións:
  • Tentar sempre que se utilice un mesmo editor ou escoller unha mesma codifiación para evitar este tipo de problemas, sobre todo en proxectos/traballos en grupo.
  • A poder ser, e coa idea de eliminar os caracteres raros estilo "" (seguro que se ven moitos co Firebug), escoller a codificación: UTF-8 sen BOM.

Fonte: http://unicode.org/faq/utf_bom.html

No hay comentarios: